Programas únicos e irrepetibles, deseñados exclusivamente para a lesión medular e outras patoloxías neurolóxicas.
A diferencia da fisioterapia tradicional esta terapia non intenta compensar para conseguir un movemento, o que busca é activar o sistema neuromuscular para recuperar movemento por debaixo do nivel de lesión. A actividad física intensa, mediante exercicios repetitivos e de carga corporal, demostrou que mellora non so a capacidade de permanecer sentado, de pe ou marcha, tamén o alcance e agarre coas mans, aumenta a función cardiopulmonar, retrasa a pérdida de densidade ósea e mellora a función psicolóxica xunto coa da vexiga e intestinos en persoas con lesión medular crónica, así como tamén axuda a recuperala movilidade por debaixo da lesión e con ela unha maior autonomía.
Non busca ser una sustituta da rehabilitación convencional, se non que únese a ela indo un paso máis alá para alcanzar obxectivos ata agora impensables.
Nun primer intre serás evaluado nas diferentes áreas. Tódolos exercicios dos nosos programas especializados realízanse fora da cadeira de rodas, usando exercicios estratéxicos e agresivos deseñados para mellorar cada área e estimular o sistema nervioso de maneira única.
Estes intensos programas de terapia física inclúen diferentes componentes:
Se non vela túa lesión, chámanos
Favorecémolo movemento activo en lesiones neurolóxicas co obxectivo de recuperala funcionalidade e favorecela realización de actividades da vida diaria, aínda se o paciente non se atopa na fase aguda, realizando os estímulos apropiados pódese beneficiar da terapia física.
A participación activa do paciente e familiares é fundamental para o éxito do programa.
A articulación temporomandibular (ATM) está formada pola articulación da mandíbula e o oso temporal de cráneo. Localízase anterior ó trago da orella, no lateral da cara. Tes unha articulación en cada lado da mandíbula.
Algunhas veces é difícil sabela causa exacta da patoloxía. Posiblemente unha combinación de factores xenéticos, artritis ou lesións na mandíbula poden causar a túa dor.
Algunhas persoas que teñen dor na mandíbula tenden a apretar ou rechiar os dentes (bruxismo), aínda que alguna xente que apreta ou rechía os dentes nunca chegan a desenrolar disfuncións na súa ATM.
As disfuncións da ATM incluen diversos signos e síntomas:
Xeneralmente esta dor e incomodidade pode ser aliviada con tratamento fisioterápico. A ciruxía soe ser a última medida tras errar os métodos conservadores.
Os obxectivos do tratamento fisioterápico son restaurar a función e movilidade, minimizar a rixidez e aliviar a dor.
Relaxa a musculatura, disminúe a dor crónico e agudo, aumenta a circulación sanguínea, disminúe a inchazón e hematomas e repara o tecido.
A mala postura na vida diaria pode causar sobreestiramentos e tensións musculares en músculos, ligamentos e articulacións especialmente cerca da mandíbula. Mellorando nosa postura é posible previr ou aliviar a dor de cabeza, pescozo e mandíbula.
A drenaxe linfática manual é unha tipo de masaxe non invasiva e relaxante que promove a drenaxe da linfa dende partes do corpo a outras áreas que poden drenar fácilmente.
Principalmente utilízase para linfedemas e podsee realizar en días de ciruxía. Non desorganiza o tecido cercano da ciruxía.
Os nódos linfáticos non afectados son tratados nun primer intre, levando a linfa dende proximal a distal para drear as áreas afectadas. Coménzase polo centro e cerca do pescozo, os movemientos son completos, lentos, rítmicos e repetitivos usando unha presión suave. Non obstante, algunhas veces será preciso profundizar e afirmar ditos movemientos.
Técnicas de respiración, mobilización de extremidades e relaxación pódense utilizar en combinación coa drenaxe linfática.
A drenaxe linfática tamén pódese utilizar como tratamento en cirurxías coa intención de acelerala recuperación e axudar a diminuír a inflamación, reabsorción de hematomas e líquidos e a eliminación de sustancias tóxicas.
Recibir o tratamiento antes da ciruxía axuda a preparar a área para eliminar productos celulares residuais, bacterias, virus, exceso de proteínas e fluídos, así como calquera sustancia non desexada nas tus células, principalmente limpa os tecidos.
Aínda que este proceso sucede de maneira natural, co tratamento pódese acelerar dito proceso. Ademáis reduce o risco de complicacións secundarias a ciruxía como a inchazón, hematomas, infeccións e restriccións do movemento.
Por outra banda, recibirás un efecto relaxante antes da ciruxía.
Despois da ciruxía, a inchazón é unha parte normal e precisa no proceso inflamatorio pero en exceso pode causar dor, risco de infección, cicatrices, adherencias e disminución do rango da mobilidade.
Polo tanto, seis ou máis sesións consecutivas despois da ciruxía demostran mellores resultados, non obstante unha ou dous seguirán sendo beneficiosas.
A frecuencia do tratamento dependerá da operación e do paciente. Poden ser precisas consecutivas drenaxes a primeira semana tras aa ciruxía, os tratamentos disminuirán a su frecuencia na medida que pase o tempo.
Hai diversos tipos de masaxes, a masaxe terapéutica axuda a liberar a rixidez articular e a tensión muscular, a dor e oos espasmos. O fisioterapeuta prestará especial atención as lesións que padeces. Esta masaxe está formada por diferentes técnicas que utilízanse en trastornos neuromusculares e musculoesqueléticos.
No é unha masaxe relaxante, é máis firme e a presión está dirixida para disminuir a rixidez ou as áreas dañadas. Esta presión facilita que o sangue chegue as zonas doridas, libera o estrés e relaxa a musculatura tensa.
O final da sesión sentiraste aliviado, non obstante unha masaxe pode que non sexa suficiente e en ocasións será preciso máis dunha sesión según os tensos que estean os teus músculos.
Consiste nunha avaliación integral do sistema artro- neuro-muscular do paciente e das súas capacidades funcionais. Con esta valoración defínese a disfunción que presenta o paciente nos sistemas articular, muscular e nervioso, así como noutros sistemas relevantes; explicando a forma en que se relacionan con calquera discapacidade ou limitación funcional.
A intervención en terapia manual ortopédica está formada por diferentes técnicas entre as que se inclúen: o estiramento muscular, a forza e a coordinación muscular, mobilización do sistema nervioso, a manipulación e mobilización articular lenta, estabilización tanto activa como pasiva e os exercicios de resistencia, así como a situación funcional xeneral do paciente. Tamén é fundamental durante o proceso de intervención o auto-tratamento por parte do paciente (un conxunto de estratexias terapéuticas que o fisioterapeuta instrúe ao paciente para que este xestione o seu propio estado funcional e de saúde xeral).
A fisioterapia traumatolóxica leva consigo unha valoración específica e un protocolo de tratamento que engloba diversas patoloxías como: escordaduras, fracturas, contracturas, luxacións, dexeneración articular, algias de costas, cirurxías, tendinites, calcificacións, próteses, rotura de ligamentos, rotura de fibras ou patoloxía meniscal, entre outros.
Ten como principais obxectivos: aliviar a dor, reducir a inflamación e mellorar a mobilidade e funcionalidade.
A fisioterapia xeriátrica nace como resposta as necesidades asociadas ao incremento da esperanza de vida. Os principios neste ámbito son facilitar a consecución ou a mellora da funcionalidade das persoas da terceira idade tanto psicolóxicas como psicomotrices.
Os obxectivos principais, tendo en conta as capacidades residuais do paciente, son: aumentar rangos articulares funcionais, manter e/ou recuperar independencia físico-funcional en actividades da vida diaria, traballar a forza muscular, lograr un bo patrón de marcha e equilibrio, fomentar o envellecemento activo e diminuír as síndromes postcaída e de inmobilismo.
A fisioterapia deportiva é unha especialización dirixida a todas aquelas persoas que realizan unha práctica deportiva de forma regular, xa sexa por saúde, de maneira básica ou profesional.
Algunhas patoloxías usualmente tratadas son:
As actividades da vida diaria (AVD) son aquelas áreas de ocupación que realiza a persoa e lle permiten integrarse de maneira autónoma no desempeño do seu rol.
Existen actividades relacionadas co autocoidado (aseo, alimentación, vestido) e otras que non son esenciais como o coidado dunha mascota, realizar una chamada telefónica ou tocar un instrumento musical.
Dende a terapia ocupacional valoramos cales son as dificultades que interfiren no seu desenvolvemento e podemos axudarte, ben restaurando o desenrolando novas habilidades, para que volvas a realizalas de xeito independente.
Patoloxías musculares, articulares, post cirúrxicas, fracturas ou calquera patoloxía neurolóxica teñen cabida na terapia ocupacional.
Dende recuperación da mobilidade, forza, adestramento en actividades cotiás, supresión das barreiras arquitectónicas, manexo do uso dos produtos de apoio e mobilidade, creación de férulas, adaptación do fogar ou modificación do entorno… todo elo co fin de facilitala independencia, o benestar e a participación activa da persoa en tódolos ámbitos da súa vida e na sociedade.
A terapia ocupacional traballará recuperando, favorecendo ou adaptando aquelas áreas nas que teñen dificultade, de tal xeito que poidan desenrolar un estilo de vida independente, pleno e satisfactorio.
Coa estimulación cognitiva intentamos previr, manter, restaurar e compensar o deterioro das habilidades de procesamento. Adestrando áreas como a atención, concentración, orientación, percepción, memoria, linguaxe, praxias, razoamento, función executivas entre outras e creando programas baseados na historia de vida da persoa coa fin de facilítalo seu compromiso, adherencia e motivación.
Pola súa parte a estimulación sensorial basease na aplicación controlada de estímulos mediante diferentes vías baseada en exercicios que incitan o desenrolo de tódolos sentidos. Favorece a percepción da persoa e o estado de alerta no medio que lle rodea, utilizando habilidades residuais dos sentidos danados. De ela pódense beneficiar tanto os nenos coma os maiores, ou patoloxías coma o ictus, parkinson ou demencias entre moitas outras, nas que se verán perdidas ou alteradas as súas capacidades sensoriais.
Clases completamente individuais para adaptarnos o teu historial clínico e problema específico coa fin de conseguir mellores beneficios e resultados.
Pilates é un sistema de adestramento físico e mental creado por Joseph Pilates en Alemania. A nivel da rehabilitación, susténtase sobre seis principios básicos que aplícanse a todos os exercicios:
Grazas á práctica do pilates, consíguense os seguientes beneficios:
Este sitio web utiliza cookies propias de funcionamento que teñen unha finalidade puramente técnica e funcional e cookies de terceiros (tipo analytics) que permiten coñecer os hábitos de navegación do usuario para ofrecer mellores servizos de información. O usuario pode cambiar a configuración, rexeitar as cookies que non sexan necesarias para a navegación ou obter información adicional na ligazón Política de cookies